publicidade hoxe

A Deputación apoia as accións de dinamización comercial do CCA de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCarballo
A-
A+

O deputado responsable da área de Promoción Económica, José Luis García e a xerente do Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo, Maricarmen Freire Areosa, asinaron esta mañá, na sede da institución provincial, o convenio de colaboración a través do cal a Deputación da Coruña destinará 34.562,36 euros para o financiamento de accións de dinamización comercial na zona.

Con este investimento, a Deputación espera “contribuír á revitalización do sector comercial da localidade e á creación de emprego estable”, segundo apuntou o deputado responsable da área, José Luís García.

A achega provincial supón preto do 80% do custe total da programación de actividades para 2016 que inclúen a campaña de verán, a da volta ao cole, a de nadal e outras accións como o casting e o desfile de moda anual que realizan os comercios da localidade.

O CCA de Carballo consolidouse nos últimos anos como unha entidade defensora dos intereses do comercio local, centrando o seu traballo na formación dos traballadores, a promoción dos comercios e a fidelización dos clientes locais. Ao longo do ano organiza diversas accións, campañas e actividades que manteñen vivo o comercio e fano máis atractivo para o público.

13 de xuño de 2016 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.