publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería do Mar mellora a seguridade viaria no acceso ao porto do Xufre na Illa de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de Arousa
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, está a executar os traballos de mellora da seguridade viaria no acceso ao porto do Xufre, no municipio pontevedrés da Illa de Arousa. Así o comunicou esta mañá o presidente do organismo portuario, José Juan Durán, nunha visita á zona.

Durán Hermida explicou que o seu departamento investirá nesta actuación 45.000 euros para a pavimentación do vial principal de acceso ás instalacións portuarias. Segundo indicou, estes traballos responden á necesidade de arranxar o firme da zona debido ao abundante tránsito pesado que circula pola zona en tarefas de transporte de mercadorías portuarias.

En concreto, os traballos consisten no fresado do firme e retirada do material resultante para traslado ao vertedoiro. A continuación procederase á aplicación dun rego de adherencia e á extensión e compactación dunha nova capa de rodadura. As obras incluirán tamén a reposición de toda a sinalización horizontal na zona así como a posta a cota dos rexistros existentes e a instalación de lombos de control de velocidade, a petición do Concello.

Esta actuación completa a serie de traballos de pavimentación realizados nas últimas semanas por Portos de Galicia na ría de Arousa, en concreto nos portos de Escarabote e Cabo de Cruz (Boiro), Palmeira (Ribeira), O Grove, Vilaxoán (Vilagarcía), Vilanova e Pontecesures. En total investíronse máis de 200.000 euros nestas actuacións.

30 de xuño de 2016 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.