publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería do Mar inviste 37.000 euros na mellora do porto de Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, está a xestionar investimentos por valor de máis de 37.000 euros para a mellora da zona portuaria de Pontecesures. Así o confirmou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O organismo portuario está a executar estes días a mellora do firme no vial do peirao a través da extensión dunha nova capa de rodadura. Deste xeito, elimínanse as deficiencias existentes e mellóranse as condicións para o tránsito rodado na zona, tanto vehículos en xeral como transportes pesados portuarios. Esta actuación conta cun investimento total de 24.112 euros e a previsión de obra estima que estea terminada para a vindeira semana.

Durante a súa visita, o presidente de Portos informou tamén de que o ente público está a ultimar a tramitación administrativa doutra actuación para o peirao de Pontecesures. Trátase do adecentamento do entorno do paseo fluvial, no que o ente público vai investir 13.291 euros.

En concreto neste espazo levarase a cabo a limpeza e repintado do muro, a reparación das partes deterioradas nas beirarrúas e farolas e a reparación de bordiños e baldosas, entre outras accións. Deste xeito, Portos dará resposta á demanda de recuperación deste espazo altamente deteriorado.

2 de xuño de 2016 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.