publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Política Social avanza nos traballos de reforma da escola infantil do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+
Perfecto Rodríguez na visita ás obras de reforma

Perfecto Rodríguez na visita ás obras de reforma

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos así como cos representantes da ANPA e da escola infantil do municipio pontevedrés para dar conta do programa de traballo que se levará a cabo na reforma integral desta infraestrutura grovense. A Consellería de Política Social, a través do Consorcio, inviste nesta actuación un total de 376.461,23 euros. A maiores, o Consorcio tamén renovará o equipamento e mobiliario da escola.

A previsión do Goberno galego é iniciar a obra neste mes de xullo e aproveitar o peche da escola no mes de agosto para acometer a parte máis complexa da obra na que se levará a cabo a substitución total da cuberta. A partir de setembro irase acometendo por fases a reforma de cada aula sen afectar o funcionamento normal da escola. Deste xeito, en outono de 2016 os veciños do Grove contarán cunha escola infantil totalmente renovada.

A través desta proposta, trasladada esta mañá polo xerente do Consorcio ao concello e á comunidade educativa da escola, causaranse as menores molestias posibles para compaxinar o funcionamento do centro coa realización da obra, garantindo sempre a total seguridade dos nenos.

Precisamente por mor das obras, a escola do Grove pechará en agosto a pesar de que nos últimos anos era unha das poucas escolas que mantiñan abertas as súas portas para dar servizo aos pais que requiren ese servizo no verán.

10 de xuño de 2016 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.