publicidade hoxe

Xunta e Concello de Moaña consensúan criterios para avanzar na aprobación definitiva do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoaña
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión coa alcaldesa do Concello de Moaña

Encarnación Rivas na reunión coa alcaldesa do Concello de Moaña

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu esta maña á alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz, para avanzar na subsanación da Orde de aprobación definitiva parcial de xullo de 2011 que deixou en suspenso o 3% do ámbito municipal.

Rivas Diaz deu resposta ao traballo levado a cabo polos técnicos de ambas as dúas administracións co fin de dar cumprimento á dita Orde e que o concello presente oficialmente a documentación tras contratar a súa redacción. Asemade, o concello interesouse pola incidencia da modificación do deslinde de Costas.

O encontro de hoxe é o segundo mantido co goberno municipal de Moaña, despois do celebrado o pasado mes de outubro, no que a alcaldesa manifestou o seu máximo interese en dar cumprimento á Orde de xullo de 2011 pola que aprobaba o 97% do ámbito do PXOM deixando en suspenso un 3% do mesmo, e proceder a aprobación definitiva da totalidade do PXOM.

É preciso recordar que nesta Orde de Aprobación Definitiva Parcial quedaron pendentes de aprobación 8 dos 15 solos urbanizables propostos polo concello de Moaña no PXOM, ao non estar convenientemente xustificados ou parcialmente suxeitos á diversas afeccións sectoriais de augas e infraestruturas.

13 de maio de 2016 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.