publicidade hoxe

Xunta e Concello da Estrada colaboran para ofrecer instalacións deportivas renovadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+
Alfonso Rueda na sinatura do convenio co Concello da Estrada

Alfonso Rueda na sinatura do convenio co Concello da Estrada

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde da Estrada, José López Campos, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización das obras de acondicionamento da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública e dun ximnasio anexo. O obxectivo, segundo destacou Rueda, é que antes de que termine o ano as obras estean rematadas e o servizo adxudicado.

O acto de hoxe formaliza o compromiso cos veciños da Estrada e os alumnos da Agasp, que poderán empregar estas instalacións deportivas en óptimas condicións. Con este obxectivo, a Vicepresidencia fará unha achega de máis de 250.000 euros cos que se levarán a cabo, entre outras, actuacións de mellora na fachada e a cuberta da edificación, abastecemento de auga quente e climatización, mediante a implantación dunha caldeira de biomasa.

Así mesmo, o convenio recolle que se garanta unha oferta de horas gratis para as escolas deportivas municipais no futuro, xa que esta oferta será un dos criterios para a vindeira adxudicación da xestión e explotación da piscina.

O acordo asinado esta mañá inclúe tamén a implantación dun ximnasio anexo para complementar os servizos da piscina, que suporá un investimento de preto de 100.000 euros a cargo do Concello da Estrada.

Exemplo de colaboración entre administracións

Segundo destacou o vicepresidente, Alfonso Rueda, trátase un bo exemplo de colaboración entre administracións responsables, que teñen como obxectivo prioritario a mellora das condicións de vida e o benestar dos cidadáns.

A Xunta xa asinara no ano 2012 un protocolo de colaboración co concello para que os veciños da Estrada puidesen utilizar durante todo o ano a piscina climatizada da Agasp e as súas instalacións complementarias. Os alumnos do centro dispoñían de uso gratuíto para os seus cursos de perfeccionamento, adestramento, formación ou probas de selección.

Desde a Xunta estamos moi satisfeitos polo uso compartido exemplar destas instalacións entre os veciños e os alumnos da Agasp, e como administración pública temos o deber de garantir que ese uso se poida realizar nas mellores condicións.

11 de maio de 2016 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.