publicidade hoxe

Villanueva traslada a súa felicitación e apoio aos corpos de seguridade que actúan no rescate en Lobios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobios
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, trasladou este xoves a súa felicitación e apoio aos corpos de seguridade que colaboran no rescate dun mozo portugués falecido cando practicaba barranquismo en Lobios (Ourense).

En declaracións aos medios durante unha visita á feira Navalia en Vigo, Villanueva incidiu en que se trata dun “rescate moi complicado pola orografía do terreo”, pero, segundo engadiu, “sobre todo pola localización do corpo, que está incrustado nunha greta e polo caudal de auga”.

“Onte (mércores) choveu bastante, polo que volveu aumentar o caudal, hoxe (xoves) afortunadamente puidéronse instalar bombas de achique arriba que tratan de desviar un pouco a canle para que non caia a auga con tanta forza”, relatou sobre o dispositivo.

“Segundo nos din hai perspectivas de que se poida solucionar pronto e que poidan extraer o corpo, que se faga a autopsia correspondente e, posteriormente, que se lle poida entregar á familia”, comentou o delegado. “Entendo a situación familiar, que é complicada… desde o domingo esperando, e é unha situación moi difícil para eles”, recoñeceu.

Por todo o traballo nos labores de rescate, agradeceu a intervención dos corpos actuantes, entre os que sinalou á Garda Civil de Trives como da parte de Asturias, xunto co resto de grupos de emerxencia que están a actuar na zona.

26 de maio de 2016 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.