publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Valentín García participa no acto literario-musical ‘O noso patrimonio cultural. Letras galegas 2016′

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, asistiu esta mañá ao acto literario-musical “O noso patrimonio cultural. Letras Galegas 2016” que se celebrou no coliseo Noela de Noia con motivo do 65º aniversario da empresa Autos Dosil, organizadora do evento coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, o concello de Noia, a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega e a Editorial Galaxia.

García Gómez gabou o compromiso de Autos Dosil coa lingua e coa cultura galegas e animou a todas as empresas a imitar o seu exemplo, “pois a relación entre lingua galega e empresa só pode ser beneficiosa para ambas as partes”.

Ademais do secretario xeral, tamén interviñeron no acto Santiago Freire, alcalde de Noia; Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; Henrique Monteagudo, en representación do Consello da Cultura Galega; e Antón Vidal, presidente de Galaxia.

Patrimonio cultural no autobús

“O noso patrimonio cultural” é o nome dunha iniciativa que Autos Dosil puxo en marcha hai 25 anos co apoio da entón chamada Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia consistente en bautizar cada novo autobús que se poñía en circulación co título dunha obra de literatura galega e do seu autor.

Co gallo do 65 aniversario da empresa de transportes e mais das Letras Galegas, Autos Dosil quixo renderlle unha homenaxe a Manuel María e, ao mesmo tempo, aos centros educativos e entidades culturais da comarca, aos que reuniu neste acto e aos que lles entregou cadanseu lote cos libros que nestes anos lles deron nome aos seus coches, así como cadansúa Enciclopedia Galega Universal cedida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O Colexio María Assumpta de Noia, o CEIP Felipe de Castro, o CEIP de Portosín, o CEIP Plurilingüe Serra de Outes, o CEIP Ricardo Tobío, o CEIP Alejandro Rodríguez Cadarso, o IES Virxe do Mar e o Grupo A Misela do Liceo de Noia recibiron os libros e participaron no acto -amenizado tamén pola Coral Polifónica de Noia- con recitados, cancións ou proxeccións arredor da obra de Manuel María.

12 de maio de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.