publicidade hoxe

Unha muller ferida tras caer ao río co seu vehículo en Pereiro de Aguiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pereiro de AguiarSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller resultou ferida a última hora deste luns nun accidente de tráfico rexistrado na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar, despois de que o vehículo que conducía se saíse da estrada e caese ao río.

O suceso ocorreu sobre as 20.30 horas deste luns na estrada que une Pereiro de Aguiar e Ourense, na Ponte de Cascadón, na parroquia de Mornas. Foi a propia condutora a que deu a voz de alarma, indicando que caera co seu coche ao río e que se atopaba subida no capó do turismo.

Até o lugar desprazáronse efectivos do GES de Pereiro de Aguiar e da Garda Civil de Tráfico, así como unha dotación sanitaria, que trasladou á muller ao centro de saúde da localidade. O coche quedou totalmente mergullado no río.

10 de maio de 2016 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.