publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un operario falece en Ribas de Sil mentres realizaba unha roza no monte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaRibas de SilSucesos
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Medio Rural solicitoulle esta semana ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a ampliación do prazo de presentación de solicitudes da PAC 2016-2017, a cal foi aceptada ata o vindeiro 31 de maio.

Deste xeito, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez dá resposta ás demandas do sector, que estaban pedindo unha ampliación deste prazo para que os máis de 33.000 beneficiarios poidan realizala sen problema. Cómpre lembrar que, malia ser unha orde cunha tramitación complexa e terse modificado a normativa básica recentemente, a Orde foi publicada o primeiro día do prazo previsto na lexislación estatal reguladora.

Esta nova campaña da PAC 2016-2017 suporá un investimento de fondos europeos no rural galego próximo aos 190 millóns de euros. Estas achegas proceden dos pagamentos directos da PAC (Fondo Europeo de Garantía, FEAGA) e das medidas agroambientais de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas).

6 de maio de 2016 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.