publicidade hoxe

Un home ferido nun accidente de tráfico en Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiSucesosVilalba
A-
A+
Europa Press

Un home resultou ferido á primeira hora deste luns nun accidente de tráfico rexistrado na localidade ourensá de Monterrei, despois de que o vehículo que conducía se saíse da vía e envorcase.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 7,45 horas na estrada que une Vences e Laza, á altura do lugar de Estevesiños.

Tras recibir a alerta, até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e dos Bombeiros de Verín, que tiveron que excarcerar á vítima, que quedara atrapada no vehículo. Unha dotación do 061 trasladou ao ferido a un centro sanitario.

Por outra banda, unha persoa tamén resultou ferida nun accidente de tráfico ocorrido ás 22,30 horas deste domingo na estrada LU-120 ao seu paso por Vilalba (Lugo) e no que se viron implicados tres vehículos.

9 de maio de 2016 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.