publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ten un accidente cos seus dous fillos menores e dá positivo no control de alcoholemia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVilalba
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil investiga un condutor que sufriu un accidente con dous menores graves feridos, os seus fillos, e que deu positivo no control de alcoholemia. Ademais, segundo informa o Instituto Armado, conta con antecedentes por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

ÁS 19,05 horas do domingo no punto quilométrico 9.900 da estrada LU-P-6502 (Vilalba a Chavín), á altura de San Simón da Costa, un turismo marca Mercedes conducido por un veciño de San Simón de 42 anos sufriu un accidente de circulación consistente na saída de vía, choque contra noiro e posterior xiro.

Na colisión resultaron feridos os dous fillos menores do condutor, segundo concretou o Instituto Armado. Os lesionados ocupaban os asentos posteriores do vehículo e non facían uso de cinto de seguridade nin de sistema de retención ningún. Ambos os dous foron trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde quedaron ingresados con feridas de carácter grave.

O condutor, que ademais presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos das bebidas alcohólicas, foi sometido polos axentes do subsector de Tráfico de Lugo que se trasladaron ao lugar ás probas de alcoholemia.

O condutor deu un resultado de 0,83 e 0,81 mg/l de aire expirado, polo que pasou a ser investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade vial.

9 de maio de 2016 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.