publicidade hoxe

Román Rodríguez ratifica o seu compromiso de financiar o mobiliario da nova biblioteca de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Román Rodríguez na sinatura do convenio co alcalde de Lalín. Foto: C. Paz

Román Rodríguez na sinatura do convenio co alcalde de Lalín. Foto: C. Paz

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, ratificou hoxe o compromiso adquirido a principios de ano para financiar o equipamento da nova biblioteca municipal do concello de Lalín, que en breve estreará nova sede na antiga Casa Consistorial.

Deste xeito, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, e máis o alcalde do municipio, Rafael Cuiña, asinaron esta mañá en San Caetano un convenio de colaboración dotado con 40.000 euros, asumidos integramente pola Consellería. O mobiliario constará de mesas, cadeiras, bucatas, mostrador e estantes, entre outros.

Con este acordo, o departamento dirixido por Román Rodríguez demostra o seu compromiso cos espazos orientados a promover, conservar e difundir o patrimonio cultural galego, tendo en conta que se trata dunha biblioteca que dará cobertura a todos os usuarios e veciños do concello lalinense.

Colaboración institucional

Trátase, en definitiva, dun novo exemplo de colaboración institucional entre Xunta e administración local, unha vía que axuda a mellorar estes espazos e a ofrecer unha maior oferta sociocultural para a poboación de cada zona, que gozará dun servizo de calidade ao longo do ano.

2 de maio de 2016 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.