publicidade hoxe

Rey Varela mantén un encontro de traballo co alcalde de Vilardevós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilardevós
A-
A+
Rey Varela no encontro co alcalde de Vilardevós. Foto: C. Paz

Rey Varela no encontro co alcalde de Vilardevós. Foto: C. Paz

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio ourensán de Vilardevós, Manuel Cardoso Pérez.

Na xuntanza abordouse a situación do centro de día para 40 usuarios e residencia para outros 24 usuarios que a Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e cun investimento de máis de 1,4 millóns de euros entre proxecto e obra, está a construír neste momento. O conselleiro avanzou que as obras están executadas ao 80% e que o centro poderá abrir as súas portas este ano. Do mesmo xeito, Rey Varela comunicou aos responsables municipais que o novo Plan de Investimentos Extraordinario para 2016 contempla unha partida de 140.000 euros para o equipamento do centro.

Doutra banda, ambos mandatarios salientaron o incremento de 1.728 horas anuais no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar unha ratio de atención do 84,12%.

24 de maio de 2016 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.