publicidade hoxe

Rey Varela avanza en novos contactos cos representantes locais para acadar unha mellora da política social en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pino
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde do  Pino. Foto: X. Crespo

Rey Varela na reunión co alcalde do Pino. Foto: X. Crespo

A Consellería de Política Social insiste na súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación. Neste sentido, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo unha xuntanza de traballo no día de hoxe co alcalde de O Pino (A Coruña), Manuel Taboada Vigo.

Na reunión que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, ambos mandatarios estudaron posibles novas vías de colaboración entre administración autonómica e local para mellorar os servizos e infraestruturas de atención aos cidadáns.

Sectores de poboación como a infancia, os maiores ou os máis necesitados foron algúns dos piares das conversas que mantiveron os responsables políticos que coincidiron na importancia da cooperación entre ambas institucións públicas para optimizar os recursos locais e autonómicos. En particular, Rey Varela e o alcalde de O Pino aludiron á importancia do servizo que presta a escola infantil pertencente á Rede de Escolas Infantís de Galicia Galiña Azul, un recurso que a Xunta de Galicia puxo a disposición dos veciños e veciñas e para o que a administración local achega de xeito anual máis de 22.000 euros para o mantemento da mesma. Así mesmo, o conselleiro tamén trasladou ao rexedor que o Servizo de Axuda no Fogar a Dependencia se incrementará en 70 horas mensuais, o que supón un total de 550 horas de servizo ao mes e sitúa a ratio de atención en preto do 70%.

11 de maio de 2016 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.