publicidade hoxe

Os drons da Axega supervisan as instalacións de Fandicosta en Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoaña
A-
A+
Europa Press

A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) supervisa as instalacións da empresa de conxelados Fandicosta, en Moaña (Pontevedra) para comprobar o estado das naves afectadas polo incendio declarado na tarde do luns.

“Segundo informaron fontes do 112, aínda que a situación está controlada, os servizos de emerxencia continuarán traballando arreo ata lograr a súa completa extinción”.

Xa na mañá deste martes, a Xunta desactivou o Plan de Emerxencias de Galicia, que se activara en nivel 1 a última hora do luns, por risco de fuga de materiais químicos. No marco dese plan, suspendéronse as clases no CEIP de Domaio na xornada deste martes.

Nas instalacións de Fandicosta permanece un retén do parque comarcal de bombeiros do Morrazo, e iniciáronse os labores de desentullo e retirada de pezas metálicas, xa que quedaba algún foco de lume debaixo das estruturas que colapsaron polo lume.

O 112 tamén confirmou que os datos obtidos pola unidade móbil de medición da calidade do aire, situada en Cesantes, en Redondela, mostran “concentracións baixas de contaminantes”.

10 de maio de 2016 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.