publicidade hoxe

Os drones da Axega participarán na buscar do ancián desaparecido en Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os drones da Axencia de Emerxencias de Galicia (Axega) despréganse de novo este xoves para facer unha nova batida na busca do ancián desaparecido o pasado domingo día 15 na localidade lucense de Chantada.

O domingo 15, a familia o home presentou unha denuncia no cuartel da Garda Civil advertindo da desaparición do ancián e, tras os primeiros rastrexos, localizáronse varias pertenzas.

Segundo ha información no primeiro parte do día o 112, a unidade operativa de drones volve saír este xoves para continuar co rastrexo e tratar de localizar o desaparecido.

O pasado 16 de maio xa se despregaran os drones para realizar a busca do home, na que tamén participaron Garda Civil e Protección Civil e que se centrou na zona de Pincelo, na parroquia de Sariña.

26 de maio de 2016 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.