publicidade hoxe

O Grupo Calvo reduce un 4,1% o resultado bruto de explotación pero incrementa as súas vendas un 3% e o emprego sobe un 6%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O grupo internacional de alimentación Calvo elevou as súas vendas brutas mundiais un 3% en 2015 e alcanzou os 787 millóns de euros, fronte aos 765 de 2014.

O resultado bruto de explotación (EBITDA) alcanzou os 49,4 millóns, lixeiramente por debaixo dos 51,5 obtidos en 2014. O crecemento do negocio impulsou tamén o emprego e, así, en 2015 incorporáronse 600 persoas máis ao equipo do grupo ata superar os 5.100 empregados, un 6% máis que o ano anterior.

A pesar do efecto do tipo de cambio do Real Brasileiro sobre as contas consolidadas do grupo (depreciouse en torno a un 25% fronte ao euro en 2015) e o retroceso nos prezos do atún, Grupo Calvo destaca, a través dun comunicado, que logrou incrementar o volume de negocio e a facturación en todos os mercados nos que está presente, “consolidando e aumentando así a súa base de consumidores”.

En 2015, Calvo comercializou 104.500 toneladas de produto rematado no conxunto dos máis de 70 países nos que o grupo está presente coas súas marcas de alimentación saudable. Isto supón un 1,6% máis con respecto a 2014.

A 31 de decembro de 2015, o grupo tiña un ratio de débeda en relación co EBITDA de 2,47. Segundo Manei Calvo, conselleiro delegado do grupo, “a posición da compañía dende o punto de vista financeiro e de negocio é hoxe moi sólida e permite mirar con confianza ao futuro”.

Ademais, resalta que a situación “mellora” a súa “capacidade de inversión nas plantas” e “fai posible que se poidan seguir potenciando marcas e reforzando o compromiso coa I+D, pancas de crecemento da compañía nos últimos 10 anos”.

24 de maio de 2016 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.