publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O goberno provincial achega 63.000 euros a Moraña para a mellora dunha vía pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMorañaPontevedra
A-
A+

A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar unha nova axuda ao concello de Moraña, por un importe de 63.492,29 €, encaixada na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A achega destinarase á substitución dunha beirarrúa e unha tubaria de auga na Rúa 1.

Esta contía súmase aos 16.785,64 € entregados polo goberno provincial para o financiamento d a Festa do Carneiro ó Espeto, a IV Carreira do Carneiro, para o “Mes dos libros” e para dous obradoiros de prevencións, un sobre o acoso escolar e outro sobre fisioterapia e rehabilitación; e 94.415 € para a contratación de 10 empregados e empregadas que están a realizar o seu traballo para o concello.

No primeiro trimestre do ano a Deputación leva investidos na vila 174.692,93 €, no marco do Plan Concellos 2016, o que representa o 39 % do total destinado a Moraña.

9 de maio de 2016 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.