publicidade hoxe

O DOG inicia o trámite de exposición pública do anteproxecto para a implantación do servizo de transporte público regular para a praia das Catedrais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadeo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o inicio da exposición pública do anteproxecto de explotación do servizo a praia das Catedrais (http://goo.gl/svqa7i). Ata o vindeiro día 9 de xuño poderase consultar este documento na Dirección Xeral de Mobilidade (praza de Europa, 5ª, 2º andar. Área Central en Santiago de Compostela).

As características do proxecto coincide en canto a prestacións co servizo que se veu prestando en anos anteriores, polo que se prevé a prestación de tres servizos diarios por sentido entre Ribadeo e a Praia das Catedrais, con horarios que varían en función das mareas, coa finalidade de facilitar ás persoas usuarias o acceso ao espazo natural coa baixamar, cando é máis demandado o acceso e se pode apreciar mellor o efecto da erosión nos cantís. A previsión é que este servizo comece a funcionar o 1 de xullo e se manteña activo ata finais de setembro.

Igualmente, posibilitarase que os usuarios deste servizo podan dispoñer de acceso directo ao espazo natural, sen necesidade de reserva previa, ao vincularse unha parte do cupo de usuarios diarios (165) co servizo público.

Finalmente, as condicións do servizo, previstas como elementos básicos no anteproxecto sometido a información pública, poderán ser melloradas por parte das empresas nas súa ofertas, tanto en canto á calidade do servizo ofertado (mellores vehículos, maior información ás persoas usuarias, superior número de expedicións, entre outros), como en relación ao prezo a pagar polas persoas usuarias.

Establécese unha tarifa máxima, que as empresas poderán mellorar nas súas ofertas, de 3 euros polo billete de ida e volta, con bonificacións do 50% para menores de 12 anos; igualmente, resultarán de aplicación as bonificacións a familias numerosas.

26 de maio de 2016 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.