publicidade hoxe

O conselleiro de Política Social mantén un encontro de traballo co alcalde de Beariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBeariz
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Beariz. Foto: X. Crespo

Rey Varela na reunión co alcalde de Beariz. Foto: X. Crespo

A Consellería de Política Social afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos que iniciou desde a súa constitución co obxectivo de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio ourensán de Beariz, Manuel Prado López.

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade. Deste xeito, ambos mandatarios lembraron a importancia da continuidade do Servizo de Axuda no Fogar a dependentes, que neste 2016 presta 2.868 horas de atención das que se benefician 60 veciños e veciñas da Mancomunidade de O Carballiño.

O conselleiro salientou do mesmo xeito, o aumento dun millón de euros ao ano no SAF acordado este mércores no Consello da Xunta ata acadar o 100% da atención das actuais persoas solicitantes deste servizo, un incremento de horas do que se verán beneficiados tamén os usuarios da Mancomunidade. En concreto, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social, achega preto de 55.000 euros para o desenvolvemento deste servizo no concello de Beariz. Ademais, ambos mandatarios repasaron a situación e o estado das infraestruturas sociais da comarca para maiores e infancia.

6 de maio de 2016 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.