publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medios galegos e lusos continúan a procura do músico desaparecido no Miño

Europa Press

Os servizos de emerxencias portugueses e galegos proseguen este luns coa procura no río Miño dun músico galego desaparecido o sábado pola noite despois de actuar nas festas de Lapela (Monçao), en Portugal.

Segundo informa o 112, a Comandancia Naval do Miño e diversos mergulladores traballan na zona, nun operativo ao que se suman patrullas por terra da Garda Civil e efectivos de Protección Civil.

A partir de mediodía prevese que se unan ao operativo de procura drones -avións non tripulados- da Axencia de Emerxencias de Galicia (Axega).

O mozo, que é veciño do Concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, estivo na contorna do Castelo de Lapela, onde foi a tocar e atopáronse algunhas das súas pertenzas, segundo informou o 112.

De feito, a súa desaparición motivou a activación do ARIEM 112, protocolo que posibilita a coordinación dos recursos de emerxencias en zonas transfronteirizas.

30 de maio de 2016 | 10:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.