publicidade hoxe

Medio Ambiente executará a mellora do saneamento na zona industrial próxima á N-VI en Aranga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAranga
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Aranga. Foto: M. Fuentes

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Aranga. Foto: M. Fuentes

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, levará a cabo unha mellora do saneamento da zona industrial situada nas proximidades da estrada N-VI entre o quilómetro 555.8 ao 557.0, no Concello de Aranga.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladou esta mañá este compromiso ao alcalde de Aranga, Alberto Platas Álvarez, co que mantivo unha reunión e na que lle plantexou a necesidade de executar esta mellora no sistema de abastecemento.

Mato Otero indicoulle ao alcalde que Augas de Galicia revisará nas próximas semanas o proxecto construtivo presentado polo Concello, para validar as actuacións e definir a totalidade dos traballos necesarios; coa previsión de executar este mesmo ano as obras, tal e como lle propuxo o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, quen tamén participou na reunión.

27 de maio de 2016 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.