publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente e O Bolo asinan un convenio para recuperar a rúa do Centro cun investimento de 200.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Bolo
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde do Bolo. Foto: X. Crespo

Beatriz Mato na reunión co alcalde do Bolo. Foto: X. Crespo

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde do Bolo, Manuel Corzo Macías, asinaron hoxe en Santiago o convenio de colaboración no que se establece que a Xunta achegará máis de 200.000 euros entre este ano e o próximo para remodelar a rúa do Centro.

A Rúa Centro está situada no núcleo tradicional da localidade do Bolo, presenta un trazado irregular, con numerosos cambios no seu ancho, descorrendo na súa totalidade pola parte antiga do núcleo urbano da localidade e, en sentido centro-leste, hai unha pequena praza cunha fonte. As edificacións ás que da servizo son de carácter tradicional, con muros de mampostería de granito e cubertas de pizarra.

A pesar de que a rúa está asfaltada na súa totalidade, está moi deteriorada. As baixantes de pluviais das vivendas verten á rúa, non hai conexión á rede xeral de saneamento que non ten separativo de augas pluviais e fecais.

Tal e como se recolle no texto do convenio, o obxecto da actuación é recuperar a totalidade da rúa, cunha lonxitude de 255 metros, e praza, polo que se actuará nunha superficie aproximada aos 1.500 m2. As obras consistirán na mellora da rede de saneamento e auga potable; na canalización de rede de electricidade e telecomunicacións e na execución de sumidoiros, pozos de rexistro e arquetas.

En definitiva, trátase de favorecer un urbanismo máis sostible e accesible, tanto en termos de infraestruturas e comunicación, como económico e da actividade que se poida xerar; ao tempo que se impulsa a área para un crecemento comercial, ademais de favorecer a realización de eventos públicos na praza.

Plan hurbe

O convenio asinado hoxe inscríbese no Plan hurbe, que o Goberno galego puxo en marcha en 2010 cun triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas de Galicia; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial. Para cumprir estas metas, o Plan inclúe tres programas de actuación: humanización de rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos público, especialmente referidos a aqueles de carácter cultural e social.

En concreto, no concello do Bolo xa se ten acometido outra actuación con cargo a este Plan, por un valor de 170.000 euros (o acondicionamento da praza pública contorno castelo medieval e acceso ao mesmo).

Desde a súa posta en marcha en 2010, o hurbe ten posibilitado a realización de 105 actuacións, grazas a un investimento total de 112 millóns de euros.

11 de maio de 2016 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.