publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente e Concello do Pino colaborarán para poñer en marcha unha EDAR na parroquia de Pereira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pino
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde do Pino

Beatriz Mato na reunión co alcalde do Pino

A consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello do Pino colaborarán para a posta en marcha dunha EDAR na parroquia de Pereira. Así o acordaron hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Manuel Taboada, durante unha xuntanza de traballo mantida en Santiago de Compostela.

O concello encargarase de redactar o proxecto desta depuradora, no que se incluirán tamén os colectores necesarios para conectar esta nova infraestrutura á rede actual. Augas de Galicia ocuparase de supervisar a redacción deste proxecto.

A nova EDAR daría servizo non só á parroquia de Pereiro, senón que tamén beneficiará aos núcleos de Castrofeito e Arca. En total, dará cobertura a máis de 2.000 habitantes.

10 de maio de 2016 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.