publicidade hoxe

Medio Ambiente destina 200.000 euros á mellora da praza e a rúa Requeixo en Vilaza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterrei
A-
A+
Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Monterrei. Foto: X. Crespo

Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Monterrei. Foto: X. Crespo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinará case 200.000 euros á mellora da praza e a rúa Requeixo en Vilaza, no Concello de Monterrei. Así se recolle no convenio asinado entre a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, José Luís Suárez Conde.

O obxectivo xeral da actuación é adecuar esta rúa e a praza para o paso de peóns, minimizando o risco que supón o tráfico que soporta. Entre outros traballos, acometeranse beirarrúas en ambas marxes da rúa Albarellos e executarase unha pequena rotonda para a ordenación do tráfico na intersección. Tamén se instalará novo tubaxe para as rede de saneamento e abastecemento.

As actuacións comezarán na rúa Requeixo á altura da intersección coa rúa Igrexa, e levaranse a cabo na marxe dereita da mesma ata a intersección coa rúa Albarellos. Neste punto acometeranse beirarrúas en ambas marxes da rúa Albarellos, ata o comezo do muro de peche do Mosteiro dos Templarios (15 metros por cada marxe). Así mesmo, continuaranse as beirarrúas na marxe dereita da estrada OU-1014, que a partires da intersección (en sentido suroeste – nordeste) pasa a denominarse rúa Touza. Por último, tamén se contempla a execución dunha pequena rotonda para a ordenación do trafico na intersección.

Plan hurbe

Esta iniciativa inscríbese no Plan hurbe, posto en marcha pola Xunta en 2010. O hurbe naceu cun triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas de Galicia; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial. Para cumprir estas metas, o plan inclúe tres programas de actuación: humanización de rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos público, especialmente referidos a aqueles de carácter cultural e social.

Desde a súa posta en marcha en 2010, o hurbe ten posibilitado a realización de 105 actuacións, grazas a un investimento total de 112 millóns de euros.

11 de maio de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.