publicidade hoxe

Medio Ambiente ampliará as infraestruturas de abastecemento en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Palas de Rei

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Palas de Rei

Augas de Galicia levará a cabo un proxecto de mellora e ampliación das infraestruturas de abastecemento do Concello de Palas de Rei. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada Camoira, mantiveron unha reunión de traballo na que a responsable de Medio Ambiente lle confirmou que a Xunta colaborará nesta actuación que garantirá actualizar a rede de abastecemento en varios puntos do municipio.

O rexedor municipal comprometeuse a redactar o proxecto de mellora e ampliación, que posteriormente será supervisado por Augas de Galicia e cuxas obras se prevén licitar este mesmo ano, tal e como lle trasladou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, que tamén participou na reunión de traballo.

O importe deste proxecto de abastecemento ascende a 60.000 euros e implicará mellorar a rede de puntos céntricos do concello como a Travesía da Feira, a Avenida de Lugo, a Rúa do Cruceiro e a Rúa da Paz, así como a instalación de bombeos no Camiño do Lavadoiro e dun depósito na zona das Revoltas.

A conselleira de Medio Ambiente indicoulle que esta actuación está dentro dos compromisos do Goberno por mellorar e dotar de servizos de calidade aos concellos galegos, sobre todo a aqueles nos que se rexistran unha alta demanda do subministro de auga, como é o caso de Palas de Rei, un concello referente no Camiño de Santiago de Compostela.

10 de maio de 2016 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.