publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

María Pose volve a facerse coa alcaldía de Santa Comba a través dunha moción de censura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSanta Comba
A-
A+
Europa Press

A concelleira popular María Pose fixo coa Alcaldía da localidade coruñesa de Santa Comba tras solicitar os apoios de TeGa para desaloxar o rexedor socialista José Antonio Ucha, o que o levou a asumir o bastón de mando desta localidade por segunda vez a través dunha moción de censura.

“O pobo díxolle que non tiña maioría absoluta”, espetoulle, durante o pleno da censura a candidata popular, quen asegurou que o rexedor socialista “acabaría con Santa Comba de seguir no goberno local, posto que “non ten un proxecto”.

“Veñen a dar leccións”, replicoulle o xa exalcalde socialista, quen reprochou que en “seis meses non foi capaz de deixar uns presupostos”. “¿E agora vai facelo? ¡Teño as miñas dúbidas!”, expresou Ucha.

Ao finalizar a sesión, a xa alcaldesa de Santa Comba manifestou, o seu “compromiso” con este novo reto, que para ela supón “mirar polo futuro” deste municipio sallés tras “un ano de desgoberno” e “para abaixo”.

Sobre o tenso pleno que se viviu, María Pose asegurou que é unha situación que non lle colleu “desprevida” porque “é a forma de protestar da xente cando non ten razón”, que “berra”, en referencia aos socialistas.

Como proxectos inmediatos, indicou que “os presupostos se van sacar adiante canto antes”. Ademais, a alcaldesa, que espera que “esta semana se decida” a composición do novo goberno, asegurou a súa aposta polas “infraestruturas e polo pobo”.

MOCIÓN DE CENSURA

A moción de censura foi presentada o 13 de abril polos cinco concelleiros do PP e os tres de Terra Galega, que tamén chegou a ser rexedora na anterior lexislatura a través dunha moción de censura que levaron a cabo sete edís do PP e dous independentes. O alcalde socialista gobernaba en minoría dende finais de 2015, tras romper o pacto de goberno entre o PSOE e Terra Galega.

Os populares argumentaron a moción de censura coa acusación de que Ucha Velo está “ancorado na soberbia e nun autoritarismo alporizado”. Tamén o acusaron de “malgastar o diñeiro de todos os cidadáns”, mentres atendía “a cuestións de escasa importancia”, de “abandonar as infraestruturas”.

Pola súa banda, o edil socialista declarou, á súa chegada o pleno -segundo difundiu a Radio Galega-, que a situación era como “cando che poñen diante dun pelotón de fusilamiento” e subliñou que o que se estaba a producir no pleno era “o desafiuzamento da maioría dos votos” da cidadanía de Santa Camba.

Cando se anunciou a moción, José Antonio Ucha Velo lamentou a “transfiguración” dos seus “exsocios de goberno” e xulgou que non era “moi normal que pasasen da esquerda á dereita” desa forma. “Queren estar no goberno a calquera prezo”, acusoulles.

CINCO MOCIÓNS DE CENSURA

Con esta, xa son cinco as mocións de censura que se consumaron dende que hai un ano se celebraron as eleccións municipais en Galicia e cando aínda non se cumpriron os 365 días dende as investiduras dos alcaldes en xuño de 2015. Todas elas correron a cargo do Partido Popular.

Concretamente, houbo cambio de cor política á fronte do Concello nas localidades pontevedresas de Oia e Pontecesures, e nas coruñesas de Noia e Boimorto, que foi a primeira dende o 24 de maio de 2015.

26 de maio de 2016 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.