publicidade hoxe

Iván Ferreiro e debates sobre plataformas dixitais centran a segunda xornada da “Ourense ICC Week”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaOurense
A-
A+

O cantante e compositor, Iván Ferreiro, pon esta tarde o broche final á segunda xornada de actividades celebradas do marco da Semana das Industrias Culturais e Creativas, “Ourense ICC Week”, que organiza a Deputación de Ourense. O concerto acústico de Iván Ferreiro terá lugar ás 20.30 horas no Teatro Principal. Será o evento co que rematará unha xornada na que se debate acerca do futuro da música nas plataformas dixitais e as novas tendencias no eido televisivo, acto que se celebra no mosteiro de Celanova.

No relativo ao futuro da música que se desenvolveu pola mañá, interviñeron David Pedrouzo, xestor cultural e programador, que actuou como moderador; Almudena Heredero, directora Primavera Pro; Iván Ferreiro, músico, compositor e cantante; Teresa Navajas, web e comunicación en Radio Gladys Palmera; Manuel Aguilar, presidente da Fundación SGAE, produtor e músico; e Javier Liñan, director do selo O Volcán, quen sinalou a necesidade dunha mellor regulación “no que atinxe ao reparto económico dos beneficios que xeran os contidos dixitais”.

Durante a tarde, abordarase o tema “Entretemento e creatividade, matrimonio perfecto en TV”, no que participarán a directora TV, Got Talent Mediaset/ Tele 5 España, Eva Tovar, e o director de Vergüenza Ajena/ Ridiculousness para MTV, Giampaolo Manfreda. Ambos especialistas falarán da evolución da televisión a través da súa propia experiencia, no caso de Eva Tovar, con programas como Got Talent, que introducen novos formatos internacionais a España, e no caso de Giampolo Manfreda, coa implantación no noso país de novos sistemas de produción, como por exemplo co programa “Vergüenza Ajena”, que se está a facer en España para diferentes países como Holanda ou Francia, entre outros. Dúas maneiras diferentes de traballo no medio que se están a implantar en España, adaptándose así aos cambios no modo de consumo de televisión.

Programación

En canto á programación prevista para mañá xoves, 12 de maio, na xornada de mañá realizaranse obradoiros de competencias dixitais, un deles sobre crowdfunding, como ferramenta de financiamento para as ICC, impartido por Iván L. Gimeno, Digital Marketing Manager, consultor e formador; e outro sobre Design Thinking, en proxectos culturais, de deseño centrado nas persoas, a cargo de Diego Parajó, de Xeneme Produccions, innovación empresarial. As actividades da mañá desenvolveranse no Pazo de Vilamarín.

Na xornada de tarde, abordarase o tema dos novos retos culturais e creativos en Galicia, en San Pedro de Rocas, onde intervirán; Marcos Lorenzo, consultor cultural que actuará como moderador; Mar Varela, xerente do Cluster Audiovisual Galego; Julio Gómez, director do Festival Sin Sal; Rómulo Sanjurjo, director JAU (xestión cultural) e músico; Iván Arias, director Work On Sunday; e Belén Álvarez-Buylla Falces, coordinadora do Centro de Emprendemento da Fundación Cidade da Cultura.

11 de maio de 2016 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.