publicidade hoxe

Investigan a unha veciña de Covelo por un incendio forestal tras unha queima

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoveloLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha veciña de Covelo (Pontevedra) foi investigada -figura que substitúe á imputación- por un incendio forestal tras un queima “neglixente”, segundo informa a Policía Autonómica da Xefatura de Vigo.

O lume tivo lugar o pasado 4 de maio no lugar de Peneda, parroquia de Barciademera, no Concello de Covelo, e afectou a unha superficie de 1.500 metros cadrados de monte. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao xulgado de instrución de Ponteareas.

No que vai de ano, un total de 24 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica, dependente da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

12 de maio de 2016 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.