publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan a un xoven da Fonsagrada por condución temeraria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (Grupo GIAT) do subsector de Tráfico de Lugo imputou condución temeraria a un mozo veciño da Fonsagrada (Lugo), investigado tras decubrir en youtube videos con carreiras e manobras temerarias.

Segundo informa o Instituto Armado, en concreto a investigación comezou a raíz do descubrimento dunha serie de videos aloxados no portal web ‘www.youtube.com’ dentro dun perfil que, posteriormente, se puido saber correspondía a un veciño do municipio da Fonsagrada.

Os videos aloxados no perfil, segundo explican as mesmas fontes, supostamente foron gravados e posteriormente colgados na web entre os anos 2009 e 2014. A Benemérita destaca “media ducia deles”, nos que se poden observar “vehículos de varios tipos competindo entre si e realizando manobras temerarias” por vías dos municipios de Lugo, Pontenova e A Fonsagrada.

Tras realizar unhas pescudas, as indagacións culminaron cun novo de 29 anos e veciño de A Fonsagrada en calidade de investigado pola súa participación nun suposto delito de condución temeraria, recollido no artigo 380 do Código Penal. As mesmas fontes recordan que este recolle entre as penas prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata seis anos.

O Grupo GIAT do subsector de Lugo de la Agrupación de Tráfico de la Guardia Civil, polos citados feitos, instruíu dilixencias, que xunto cos videos, foron entregadas no xulgado de Instrución de garda de Lugo.

2 de maio de 2016 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.