publicidade hoxe

Investigan a un veciño do Grove por roubar xoias e aparellos de pesca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GroveSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil investiga a un veciño do Grove (Pontevedra), de 24 anos de idade, A.M.P., como presunto autor de dous roubos con forza cometidos en senllos domicilios desta localidade, onde subtraería xoias, aparellos de pesca e varios polbos.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, un veciño do Grove denunciou o pasado 9 de maio un roubo na súa vivenda. Segundo relatou, ao regresar dunha viaxe a Portugal, atopouse coa porta forzada e notou que lle faltaban varias xoias e unha determinada cantidade de polbos que tiña no frigorífico.

A Garda Civil iniciou a investigación e tivo coñecemento de que un mozo tratara de vender uns polbos a varios veciños. Esa pista e outra información achegada polo denunciante permitiu identificar ao suposto autor do roubo.

Ademais, as pescudas permitiron vincular a esta persoa con outro delito denunciado o pasado mes de abril, no que un particular puxo en coñecemento do Instituto Armado o roubo de varios aparellos de pesca que almacenaba nun baixo da súa vivenda.

As dilixencias instruídas foron postas a disposición do xulgado de Cambados, onde deberá comparecer A.M.P. cando sexa requirido para iso.

12 de maio de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.