publicidade hoxe

Finalizadas as obras de reforzo de firme da vía PO-505 entre Miradoiro e O Formigueiro no treito que dá acceso á AP-53

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, rematou as obras de reforzo de firme ao longo dun quilómetro na vía Miradoiro-O Formigueiro (PO-505), que dá acceso á AP-53 ao seu paso polo concello da Estrada. A actuación nesta vía inclúese no Plan de actuación deseñado pola Xunta para mellorar a seguridade viaria e conta cun orzamento de preto de 33.000 €.

Estas actuacións leváronse a cabo concretamente desde o punto quilométrico 2+700 ata a entrada da autoestrada e foron adxudicadas a empresa F. Gómez e CIA S.L. e teñen como obxectivo principal mellorar o estado do firme dun treito antigo da PO-505. As obras que se levarán a cabo consistirán na colocación dunha capa de rodadura no mencionado trazado.

Esta estrada foi obxecto dunha mellora de trazado desde o punto quilométrico 2+070, pero o trazado antigo desde este punto, que cruza a autoestrada AP-53 mediante un paso superior, se sigue empregando de modo residual.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

No seguinte plano amósase o tramo no que a Xunta levou a cabo as actuacións de mellora.

27 de maio de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.