publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Finaliza a construción dunha glorieta na intersección de acceso á Pastoriza, na estrada LU-122

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pastoriza
A-
A+

A Xunta vén de rematar a execución dunha glorieta na intersección de acceso á Pastoriza, na estrada LU-122, co fin de mellorar a seguridade viaria. Estas actuacións tiveron lugar no treito comprendido entre o PK 8+760 e o 8+860 na LU-122, no cruce coa estrada de titularidade provincial LU-P-4401, ao seu paso polo Concello da Pastoriza, que ata o momento dispoñía dunha semiglorieta.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda achegou un investimento de máis de 53.000 euros para financiar a execución destas actuacións.

O proxecto centrouse na mellora da intersección mediante a transformación da semiglorieta nunha rotonda completa que resultará máis segura e perceptible para os conductores. Para iso, foi preciso demoler parcialmente a intersección existente e fresáronse 6 cm ao longo de toda a superficie de actuación. A zona de carril novo coincidente coa anterior semiglorieta repúxose mediante un paquete de firmes.

A nova rotonda conta con dous carrís de circulación. O seu interior está formado por terra con céspede separada da calzada por unha franxa de adoquín de formigón.

Nas seguintes imaxes amósase a nova infraestrutura que vén de finalizarse.

12 de maio de 2016 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.