Falece no hospital o xoven arrastrado por un tren en Foz
O mozo de 19 anos e veciño de Burela (Lugo) que o domingo foi arrastrado por un tren no municipio lucense de Foz faleceu este luns no Hospital da Costa, onde foi ingresado en estado grave, segundo confirmaron fontes da investigación.
O varón permanece hospitalizado en estado “moi grave” e faleceu a causa das graves lesións sufridas o domingo ao ser arrastrado por un tren.
O mozo durmía no apeadeiro de Marzán, onde estaba tombado e coas pernas suspendidas sobre a vía cando sucederon os feitos, sobre as 9,30 horas. O rapaz, de orixe caboverdiano, perdera o tren despois de collelo os seus amigos cando volvían de festa de Foz a Burela.