publicidade hoxe

Ethel Vázquez traslada a vontade de ter en conta nas obras da PO-308 as demandas dos veciños de Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraSanxenxo
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión polas obras PO-308

Ethel Vázquez na reunión polas obras PO-308

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladou esta mañá a vontade da Xunta de ter en conta as demandas de mellora que reclaman os veciños nas obras de incremento da seguridade viaria que se están a executar na PO-308 en Sanxenxo. A responsable de Infraestruturas do Goberno galego mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Plataforma da PO-308 na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra co obxectivo de analizar as súas inquedanzas en relación coas obras nesta estrada ao seu paso polo concello de Sanxenxo.

Na reunión estiveron presentes tamén o director xeral de Infraestruturas, Francisco Menéndez, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, así como o portavoz do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín.

Na reunión, convocada a solicitude dos membros da plataforma, a conselleira expresou a súa receptividade ante cuestións que preocupan aos veciños, como é a necesidade de axustar as expropiacións e peches desta obra ou a habilitación de cambios de sentido nas interseccións.

A maiores, os representantes da plataforma tamén demandaron a ampliación de beirarrúas nas zonas non contempladas na marxe interior da estrada así como á altura do circuíto de karts en Major, onde tamén solicitaron maior espazo para aparcamentos.

Finalmente, os veciños transmitiron a importancia de delimitar fisicamente os terreos da mancomunidade de montes de Noalla na zona cedida para a execución deste proxecto de mellora da PO-308.

30 de maio de 2016 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.