publicidade hoxe

Dúas persoas afectadas por acumulación de gases nunha vivenda de Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoaña
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este xoves até o Hospital Povisa de Vigo a dúas persoas que resultaron afectadas por acumulación de gases nun domicilio de Moaña (Pontevedra).

Segundo a información do 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 19,00 horas do domingo nunha vivenda do lugar de Abelendo, en Moaña. Os afectados estaban a pintar unha habitación cando a acumulación de gases dos materiais que manipulaban provocou a explosión dun aparello eléctrico, que non chegou a arder.

Até o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros, axentes da Garda Civil e da Policía Local e persoal sanitario do 061, que atendeu ás vítimas.

6 de maio de 2016 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.