publicidade hoxe

Desactivado o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia polo incendio na nave industrial de Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoaña
A-
A+

A Xunta desactivou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 1, que estaba activado por mor do lume que se orixinou onte pola tarde, nunha nave industrial no concello pontevedrés de Moaña, unha vez verificada a situación de normalidade no sitio polos efectivos de emerxencias.

Por prevención, decidiuse suspender as clases ao longo da xornada de hoxe martes nun centro escolar próximo, o CEIP Domaio. Efectivos de emerxencias comezarán de xeito inmediato ao retiro de escombros e chapas da nave, e a Unidade de Apoio Loxístico da Axega informa que a empresa vai proporcionar aos Bombeiros 2 escavadoras con pinzas para levantar chapas e apagar rescaldos. Ademais un dron da Axega vai voar por riba da nave a uns 50 metros de altura para comprobar os danos e o estado da nave.

Segundo informan do CAE 112, os bombeiros do Morrazo indican que o lume está controlado, quedando algún pequeno foco interior. Ademais, os datos obtidos coa unidade móbil de calidade de aire, situada en Cesantes, amosan concentracións baixas de contaminantes. O buque Irmáns García Nodal está comprobando na zona si hai contaminación no mar xunto a unha embarcación de limpeza da Autoridade Portuaria de Vigo.

10 de maio de 2016 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.