publicidade hoxe

Comezan as obras de reforzo de firme na travesía da mata, en Cabana de Bergantiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabana de Bergantiños
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de rehabilitación de firme na travesía da Mata, na estrada AC-423, no Concello de Cabana de Bergantiños, coa fin de incrementar a súa seguridade.

As actuacións levaranse a cabo no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+380 e 2+355, polo que se mellorará o estado do firme ao longo de case un quilómetro.

Estas obras adxudicáronse a Construcciones Ponciano Nieto S.L por un importe de preto de 42.000 euros e fixouse un prazo de execución dun mes.

Os traballos complementan a outras actuacións realizadas o ano pasado mediante as que se executou unha senda peonil na zona de Meixoeiro, na marxe dereita da estrada AC-423, entre os PK 1+465 e 2.

Na estrada xa existía unha senda desde el PK 2+000 ata o 2+355, polo que a rehabilitación do firme efectuarase no ámbito das dúas sendas, mellorando o estado de toda a travesía.

O proxecto contempla o estendido dunha nova capa de rodadura que se completará co repintado das marcas viais e a colocación de captafaros na marxe dereita para mellorar a percepción da senda en horario nocturno.

26 de maio de 2016 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.