publicidade hoxe

Augas de Galicia inicia a retirada de sedimentos no tramo urbano do río Maceiras en Redondela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio inicia hoxe os traballos de retirada de sedimentos no tramo urbano do río Maceiras, no Concello de Redondela.

Con esta actuación, completaranse e concluiranse os traballos para solucionar os danos provocados polas inundacións rexistradas en febreiro deste ano; así actuarase nun tramo de 200 metros e o importe dos traballos supera os 30.000 euros (33.860). A actuación consiste na retirada de sedimentos retidos no tramo urbano encanelado comprendido entre a Avenida de Vigo e a canalización soterrada da calle Salgueiral (límite a partir do cal comeza o Dominio Publico Marítimo Terrestre).

A retirada de sedimentos neste punto tivo que programarse para estas datas, época de estiaxe, para poder permitir os traballos da maquinaria dentro do canle do río sen perigo para os traballadores.

Consistirán nuns traballos mecanizados dende as beiras con maquina retroexcavadora, nos puntos onde a distancia o permita, co obxecto de minimizar no posible a entrada da maquinaria no leito do río. Ademais, realizarase cunha miniretroexcavadora a retirada do material ao que non se poda acceder dende as marxes. Estes labores estarán coordinados co Concello para evitar as posibles afeccións ao tráfico.

30 de maio de 2016 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.