publicidade hoxe

Amplo dispositivo de medios galegos e lusos para buscar oa músico desaparecido en Monçao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+
Europa Press

Un amplo dispositivo de medios galegos e lusos prosegue este luns a busca no Río Miño dun músico galego desaparecido o sábado pola noite despois de actuar nas festas de Lapela (Monçao), en Portugal.

Segundo informou o comandante naval de Miño, Enrique García González, o operativo céntrase na zona da torre de Lapela despois de que fosen achados na auga as chaves do coche e o instrumento do músico.

No dispositivo participan medios da Armada da Comandancia Naval de Miño, mergulladores de Ferrol e o buque ‘Cabo Fradera’; así como efectivos da Policía Marítima e de Bombeiros de Salvaterra, aos que se suman por terra patrullas da Garda Civil e efectivos de Protección Civil de Tomiño.

Xunto a eles colaboran medios lusos como a Garda Nacional Republicana (GNR), entre outras autoridades, segundo sinalaron as mesmas fontes do operativo.

DRONES

A partir de mediodía, segundo concretou o 112 Galicia, prevese que se unan ao operativo de busca drones –avións non tripulados– da Axencia de Emerxencias de Galicia (Axega).

O novo desaparecido, que é veciño do concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, estivo no ámbito do Castelo de Lapela, onde foi tocar e se atoparon algunhas das súas pertenzas, segundo informou o 112.

De feito, a súa desaparición motivou a activación do ARIEM 112, protocolo que posibilita a coordinación dos recursos de emerxencias en zonas transfronteirizas.

30 de maio de 2016 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.