publicidade hoxe

Alumnos do CEIP Vales Villamarín descobren os segredos do Pazo de Mariñán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

Dentro do ciclo de visitas que a Deputación da Coruña organiza para dar a coñecer o patrimonio provincial, o pasado venres alumnos de 5º de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos acudiron ao Pazo de Mariñan.

Ademáis de visitar as diferentes dependencias do inmoble, onde un guía especializado lles relatou a historia do pazo bergondés e da importante colección artística que alberga, tamén percorreron os seus xardíns, que contan con máis dun centenar de especies de prantas e árbores procedentes de todos os continentes, e tiveron ocasión de disfrutar da natureza dende o observatorio ornitolóxico existente no propio Pazo.

Ademáis das visitas guiadas a Mariñán, este programa permite aos escolares da provincia coñecer outros importantes recursos patrimoniais da Deputación da Coruña como o dolme de Dombate, o castelo de Vimianzo, as torres do Allo, o ecomuseo Forno do Forte, ou a casa de Wenceslao Fernández Flórez, así como ao centro de interpretación do Mandeo en Teixeiro (Curtis) ou o mosterio de Caaveiro.

2 de maio de 2016 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.