publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta traballará na adaptación da parcelaria de Vilantime ás obras da Autovía Santiago-Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión cos veciños

Ángeles Vázquez na reunión cos veciños

A Xunta traballará para adaptar a concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa) ás obras da autovía A-54 (Santiago-Lugo), de forma que esta infraestrutura teña a menor afectación posible sobre o proceso de concentración. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, trasladou hoxe aos veciños interesados este compromiso do Goberno galego nunha xuntanza informativa coa xunta local de zona desta parcelaria.

Medio Rural investirá un total de 1.377.254 euros na nova rede de camiños desta concentración, que terá unha extensión total de 26,6 quilómetros e dará servizo aos novos predios da parcelaria, ademais de mellorar as comunicacións entre os lugares e coas parroquia veciñas. Esta concentración actúa sobre unha superficie de 806 hectáreas que pertencen a 459 propietarios.

A obra executarase nos próximos tres anos. O 86% dos camiños desta concentración son de nova apertura, e esténdense por 22,87 kms, e o 14% restante consiste en acondicionar os xa existentes (3,79 Km). Toda a rede é en grava e asfáltanse todos os entronques de camiños coas respectivas estradas.

A conselleira destacou que o concello de Arzúa ten unha superficie de 15.590 hectáreas, das que 9.525 están actualmente concentradas, o que representa o 61,1% do total.

13 de maio de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.