publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta promove en Unvex16 que Galicia empece a ser recoñecida por Rozas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiGaliciaLocal Portada
A-
A+
Europa Press
Francisco Conde na feira Unvex16

Francisco Conde na feira Unvex16

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou o potencial que ten a presenza do polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados de Galicia na principal feira do sector, ‘Unvex16′, para atraer novas empresas e negocios á comunidade.

Acompañado polo director de proxectos de I+D de Inaer, José Luís Saiz, e o director xeral de Indra, José Manuel Pérez-Pujazón, o conselleiro visitou os expositores que ambas as empresas teñen neste evento, nos que contan cun espazo propio.

“Indra e Inaer están a actuar como embaixadores deste proxecto tanto en España como a nivel internacional, e haberá oportunidades para que moitas máis empresas que se poidan instalar en Rozas e unirse a este proxecto”, resaltou.

Na feira, no aeródromo madrileño de Cuatro Vientos, móstrase a tecnoloxía máis avanzada a nivel mundial e danse cita os principais expertos do sector.

Economía apuntou que os asistentes poderán asistir a unha demostración do avión ‘Targus’, de Indra, cuxa réplica non tripulada será un dos principais produtos que se fabricarán en Rozas, onde tamén se desenvolverán o helicóptero non tripulado ‘Lumes’, de Inaer, e un vehículo mariño non tripulado.

“MARCA GALICIA”

A este respecto, Conde chamou a atención sobre que as dúas compañías “fan marca Galicia” ao promocionar a iniciativa da Xunta entre os principais axentes do sector, e abrindo portas tamén a posibles proxectos de colaboración entre firmas e centros tecnolóxicos galegos con empresas foráneas.

A presenza en ‘Unvex16′, subliñou en declaracións aos medios de comunicación, “permite que Galicia se poida situar nun sector, o dos avións non tripulados, e entrar en contacto con outras empresas, outros socios tecnolóxicos, para seguir identificando novas oportunidades”.

O obxectivo, segundo remarcou, é “que un proxecto que vai permitir o desenvolvemento dun novo sector industrial en Galicia poida tamén facer marca Galicia e que Galicia empece a ser coñecida e recoñecida polo desenvolvemento dun sector pioneiro”.

“Temos a oportunidade de que o proxecto na alianza con Indra e Inaer siga dando pasos concretos e nas próximas semanas empezarase xa a desenvolver”, expuxo, en alusión á creación dun hangar en que se van a instalar seis novas empresas en Galicia, das que tres son filiais de Indra. “E a partir de setembro, o centro de I+D desenvolverá as súas primeiras actividades”, resaltou.

Así, fixo fincapé en que é “unha realidade industrial que vai permitir que o sector de avións non tripulados sexa un alicerce fundamental dun novo sector emerxente para Galicia, que está a atraer xa emprego de calidade e que vai fundamentar a economía galega e a súa industria sobre o coñecemento e o talento deste centro de I+D de Rozas”.

MERCADO “SEN LIMITES”

Por último, o titular de Industria sinalou que “este mercado xa está cuantificado” que nos próximos anos “vai desenvolver investimentos por 120.000 millóns de euros”, para valorar que é un mercado “que non ten límites”.

Neste contexto, Galicia actuará, dixo, “para dar oportunidades a que as empresas e o talento galego participen nun mercado que non ten limites”. “Galicia estará nesa carreira e xa está situada”, incidiu, para concluír que “vai converter nunha oportunidade e nunha realidade un proxecto que vai xerar valor engadido á política industrial” da comunidade.

25 de maio de 2016 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.