publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta non detectou ningún tipo de vertedura nin de contaminación na ría polo incendio de Fandicosta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoaña
A-
A+
Europa Press

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, considera que o incendio que este luns destruíu a planta de Fandicosta non prexudicará a actividade pesqueira que habitualmente se desenvolve na ría de Vigo “xa que non se detectou ningún tipo de vertedura nin de contaminación”.

Quintana explicou que desde o primeiro minuto están a traballar conxuntamente técnicos da Xunta de Galicia e da Autoridade Portuaria de Vigo e que até o momento os resultados das inspeccións son positivos, “dentro do malo”.

Respecto diso, lamentou “un incendio que esnaquizou o 50 por cento dunha fábrica” que, segundo destacou, “colocara” a Galicia “a nivel nacional no sétimo lugar” en canto a procesado de peixe conxelado.

A titular de Mar destacou “a implicación do presidente do consello de administración de Fandicosa”, tras manifestar este a súa vontade de retomar a actividade da firma no tempo máis breve posible.

10 de maio de 2016 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.