publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de mellora de seguridade viaria na Pontella, na estrada OU-411

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de mellora de seguridade viaria na Pontella, na estrada OU-411, ao seu paso polo Concello de Bande.

O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia este proxecto mediante a achega económica de preto de 43.000 euros.

O treito obxecto destas actuacións sitúase no PK 0+510 da citada estrada autonómica ao seu paso polo Concello de Bande. Trátase dunha ponte estreita que será ampliada por medio dunha lousa prefabricada ancorada nunha cementación executada no recheo da pontella, de xeito que se poida contar cunha beirarrúa de 2 metros e dous carrís de circulación de 3 metros, separados por unha barreira metálica.

A execución das obras require do corte total da estrada, polo que se establecerá un desvío alternativo debidamente sinalizado. O prazo de execución previsto para estes traballos será de 4 meses aproximadamente.

A Consellería de Infraestruturas continúa a traballar na conservación e mellora da rede viaria autonómica coa fin de incrementar a seguridade dos cidadáns e proporcionar unhas estradas cómodas e eficientes, ao mesmo tempo que se potencia o desenvolvemento económico e social dos concellos galegos.

3 de maio de 2016 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.