publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta dispón de 40.000 metros cadrados de solo empresarial na Terra de Lemos a cambio de alugueiros a prezos simbólicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A Xunta ten a disposición na comarca de Terra de Lemos 40.000 metros cadrados de solo industrial en dereito de superficie, ao que se pode acceder de xeito directo a cambio de alugueiros simbólicos. Así llo trasladou hoxe o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, xunto coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, aos alcaldes de Monforte, José Tomé, e de Bóveda, José Manuel Arias, así como a representantes de asociacións vinculadas ao sector primario e empresarial nunha xuntanza de traballo.

Na reunión de hoxe abordáronse as medidas e incentivos impulsados desde a Xunta para facilitar o acceso ao solo industrial e favorecer a instalación de empresas na Comunidade, e especialmente no sector primario. Na xuntanza estiveron presentes representantes do CRDO Ribeira Sacra, CRAEGA, Asociación de Regantes, Confederación de Empresarios de Lugo ou Asociación de Madeiristas.

Raquel Arias e Heriberto García concretaron que o obxectivo destes incentivos da Xunta é facilitar a posta en marcha de novos proxectos empresariais e a ampliación dos existentes grazas a diminuír os riscos de investimento que correrían.

No mes de febreiro, pensando na importancia estratéxica que ten o sector primario na Comunidade, a Xunta decidiu flexibilizar as condicións de acceso ao solo industrial para as empresas vinculadas á agricultura, á gandería ou ao sector do mar. Deste xeito, para os emprendedores que queiran desenvolver un proxecto empresarial en Galicia ligado ao sector primario puxéronse á súa disposición máis de 252.000 m² de solo en dereito de superficie, en 27 parques empresariais da Comunidade, pagando un canon anual de entre 32 céntimos e 1,31 céntimos o metro cadrado.

O Executivo autonómico está a centrar a política de solo empresarial en poñer á disposición dos emprendedores o espazo necesario para que poidan instalar ou expandir os seus proxectos industriais, ofrecéndollo nas condicións máis vantaxosas posibles. A isto responden as bonificacións no prezo do solo empresarial, dun 50% no caso da provincia de Lugo.

26 de maio de 2016 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.