publicidade hoxe

A Xunta colaborará con Cospeito na redacción dun novo PXOM adaptado á Lei do solo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas recibiu esta mañá ao alcalde de Cospeito, Armando Castosa Alvariño, co fin de tratar a adaptación do PXOM en trámite á nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

O alcalde trasladou a decisión municipal de non someter o PXOM á consideración do Pleno para a súa aprobación inicial, antes da entrada en vigor o pasado día 19 de marzo, da nova Lei do Solo de Galicia, o que se traduce en que retomarán o traballo feito ata o momento, corrixindo os erros detectados e dándolle un novo impulso para que sexa unha realidade durante o actual mandato municipal.

A secretaria xeral, Encarnación Rivas, comunicou que a nova lei do Solo simplifica e axiliza a tramitación dos novos PXOMs ao unificar o procedemento urbanístico co ambiental, e ao reducir de 2 meses a un o prazo do que dispón o Instituto de Estudos do Territorio para facilitar a documentación que soliciten os concellos para redactar o PXOM.

Rivas Díaz tamén destacou que agora o Informe previo á aprobación inicial que emite a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo convértese nunha consulta máis dentro da fase tramitación ambiental, o que axiliza considerablemente os tempos ao concentrar as dúas vías que antes discorrían paralelas (ambiental e urbanística) nun único procedemento.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este documento, que planificará o desenvolvemento deste concello da Terra Chá, para o cal concedeu axudas por importe de preto de 158.000 euros.

26 de maio de 2016 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.