publicidade hoxe

A Xunta adxudica dúas vivendas en réxime de alugueiro social a familias con dificultades socioeconómicas de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoañaVigo
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de adxudicar dúas vivendas a dúas familias de Vigo que se atopan nunha complicada situación socioeconómica e que as ocuparán en réxime de alugueiro social. Unha das vivendas está situada na cidade de Vigo e a outra no veciño concello de Moaña.

A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra estudou os casos e propuxo a adxudicación directa das vivendas, en réxime de alugueiro, que foi ratificada pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez.

O Goberno galego foi coñecedor da situación dunha destas familias a través do Foro Os Ninguéns e a Rede Solidaria Popular de Vigo e ambos inmobles foron achegados por Abanca dentro pos programas de colaboración establecida entre o Executivo autonómico e as entidades bancarias.

25 de maio de 2016 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.