publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra entrega máis de 55 mil euros a Dozón para a pavimentación e acondicionamento de camiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozónPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de adxudicar dúas novas axudas ao concello de Dozón, por un importe total de 55.856,45 €, ao abeiro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

A primeira das contías, por un valor de 29.815,11 €, destinarase a pavimentación do camiño Foxo, no lugar de Moi, e a pavimentación doutro camiño na parroquia de Sanguiñedo. Pola súa banda, a segunda das achegas, que ascende aos 26.041,34 €, investirase na pavimentación dunha rúa e no acondicionamento dun camiño na parroquia do Castro e na pavimentación doutro camiño no lugar de Corredoira, parroquia de Sisto.

Estas axudas súmanse ós 149707.35 €, adxudicadas no marco da mesma liña, para a pavimentación de camiños en Cruz do Monte a Barrio, en Val da Extremeira e en Regueira-Requeixo e para a canalización e pavimentación de rúas en Sanguiñedo; e 23.001 €, liña 4, para a contratación de 11 empregados e empregadas que están a desempeñar as súas labores para o concello.

No que vai de ano, o goberno provincial leva entregado xa 228.564,8 € ao concello de Dozón, con cargo ao Plan Concellos 2016, o que representa o 62,61 % do total destinado a vila ao abeiro do plan.

18 de maio de 2016 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.